Monday 06 de May de 2024

A Coruña contará con 163 centros plurilingües o vindeiro curso, 11 deles de nova incorporación


— Do total de colexios que xa formaban parte do Edulingüe, dous deles amplían o modelo á etapa de Secundaria (plurilingüismo clásico) e 14 esténdeno á etapa de Infantil (Plurinfantil)

O curso 2021/22 comezará cun total de 163 centros con modelo plurilingüe na provincia da Coruña, dos cales 11 se incorporan por primeira vez ao proxecto plurilingüe da Xunta de Galicia, mentres que outros 16 centros que amplían esta ensinanza a outras etapas educativas.

No conxunto de Galicia serán 465 centros (42 máis) os que terán implantado este modelo plurilingüe, que implica a impartición de ata un terzo do horario lectivo en lingua estranxeira.

Así pois, na provincia da Coruña, por etapas hai 11 centros que incorporan por primeira vez a ensinanza plurilingüe ás etapas obrigatorias (Primaria e ESO), dous amplían o modelo á Secundaria e outros 14 amplíano á etapa de infantil (Plurinfantil).

Esta acción está enmarcada na Estratexia galega de linguas estranxeiras 2020, EDUlingüe, cuxo obxectivo fundamental é estender o plurilingüismo a todas as etapas educativas e facilitar que os alumnos e alumnas poidan acreditar o seu nivel de lingua estranxeira ao final de etapa.

Este modelo, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, comezouse a aplicar no curso 2010/11 para as etapas de educación obrigatoria, isto é, de Primaria e ESO (o denominado Plurilingüismo clásico). Xa a partir do curso 17/18, a Consellería de Educación ampliouno ás etapas de Infantil (Plurinfantil), Bacharelato (Pluribach) e Formación Profesional (PluriFP).

Listado de centros na provincia da Coruña (pode consultarse no Portal Educativo):

 

A CORUÑA ETAPA
Culleredo CPR A Ponte Pasaxe Educación primaria
Ferrol CEIP Recimil Educación primaria
A Pobra do Caramiñal CEP Salustiano Rey Eiras Educación primaria
Porto do Son CEIP de Campanario Educación primaria
Santiago de Compostela CEIP Mestre Rodríguez Xixirei Educación primaria
Teo CEIP da Ramallosa Educación primaria
A Coruña CEIP Alborada Educación primaria
Carballo CEIP de Gándara-Sofán Educación primaria
A Coruña CEIP José Cornide Saavedra Educación primaria
Ferrol CEIP de Ponzos Educación primaria
Boiro CEIP de Cespón Educación primaria

 

Centros que amplían etapa de cara ao próximo curso:

A CORUÑA ETAPA
A Coruña CPR Plurilingüe Sagrado Corazón ESO
Culleredo CPR Plurilingüe Andaina ESO
Camariñas CEIP Plurilingüe de Ponte do Porto Educación infantil
A Coruña CPR Plurilingüe Padres Franciscanos Educación infantil
A Coruña CPR Plurilingüe Santo Domingo Educación infantil
Ferrol CEIP Recimil Educación infantil
Mazaricos CPI Plurilingüe da Picota Educación infantil
Noia CPR Plurilingüe Maria Assumpta Educación infantil
As Pontes CEIP Plurilingüe Santa María Educación infantil
Porto do Son CEIP de Campanario Educación infantil
A Coruña CEIP Alborada Educación infantil
A Capela CEIP Plurilingüe Mosteiro de Caaveiro Educación infantil
Oza-Cesuras CEIP Plurilingüe Bragade Educación infantil
Carballo CEIP de Gándara-Sofán Educación infantil
Santa Comba CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña Educación infantil
Boiro CEIP de Cespón Educación infantil